domingo, 21 de marzo de 2021

 TRABALLAMOS O FONEMA /S/


A alteración da articulación do fonema /s/ é  moi común e se produce  por varios factores, entre eles:

-Pode ser unha mala discriminación auditiva do fonema,

-Pode ser por unha mala colocación dos órganos bucofonadores,

-Pode ser por unha incorrecta saída do aire.


Aprende a articular o fonema /s/ con este vídeo de Eugenia Romero:





EXERCICIOS PARA PRACTICAR NA CASA:


Para facer ben o /s/ temos que xuntar os dentes incisivos superiores e inferiores e colocar a punta da lingua contra os inferiores.





-Xoga a prolongar o fonema /ch/ e /y/ xuntándoo coas vogáis. Por exemplo: chchchcha,chchchcho...e do mesmo xeito coa /ch/.

-Xoga a imitar a unha serpe, repite o son sssssssssssssssss.

-Fai o son de silencio: chissss, chisssss!

-Ou como cando estornudamos: ACHÍSSSS!

-Sopla a candea dunha vela facendo o ruido da serpe, e intenta apagala.





-Ves esta S xigante? Repásaa có dedo mentres fas o ruido da serpe:



Podes dibuxala tí nun folio ou encerado e repasala có dedo.






IMPRIME A OCA DA SERPE E PONTE A XOGAR!

Xoga co tablero da /s/:


Imprímeo e xoga a dicir a palabra que corresponde tras tirar os dados.





viernes, 5 de marzo de 2021

 MOTRICIDADE OROFACIAL E TERAPIA MIOFUNCIONAL



O traballo da Motricidade Orofacial:


Unha das disciplinas que abarca o traballo logopédico é a Motricidade Orofacial que implica non só a estimulación, se non tamén a prevención de posibles alteracións da musculatura oro-facial. Trátase de centrar o traballo no funcionamento correcto do conxunto de órganos que posibilitan falar, respirar, comer, masticar, deglutir , succionar, bicar, etc.

Unha das técnica que empregamos para traballar as patoloxías relacionadas coa logopedia é a Terapia Miofuncional, que implica o tratamento da deglución atípica e os trastornos asociados á mesma, pero tamén o caso das dislalias de carácter funcional,é dicir, cando os nenos falan mal sen causas nerolóxicas nin orgánicas.


Que exercicios podemos empregar ou realizar para traballar estes aspectos?

Pautas xenais para facer os exercicios de motricidade orofacial:

  • Realizalos frente ó espello, con axuda dun familiar ou cuidador, que servirá de modelo.

  • Realizar os exercicios una vez ó día, cada un como mínimo cinco veces.

  • Débese evitar a fatiga e o cansancio.

  • Elixir un momento para realizar os exercicios no que o neno ou nena estea  descansado ou descansada.

  • Realizalos exercicios nun lugar cómodo e tranquilo.

O tratamento é máis efectivo se se practica de forma intensiva. Aconséllase adicar periodos de aproximadamente 10 minutos, 3 veces ó día e se é posible cada exercicio 5 veces.

Exercicios de praxias linguais

  • Sacar e meter a lingua da boca a distintos ritmos.

  • Lingua á dereita, lingua á esquerda.

  • Boca aberta. Levar a lingua arriba e abaixo.

  • Boca pechada. Levar lingua a un lado e a outro.

  • Pasar a lingua polos beizos.

  • Pasar a lingua por dentro dos beizos.

  • Facer o trote do cabalo.

  • Facer exercicios de vibración da lingua (o ruido da moto).

  • Abrir e pechar a boca sen descolocar a lingua da zona alveolar.

  • Dobrar a lingua hacia arriba.

  • Barrer o padal có el ápice da lingua.

  • Exercicios de praxias labiais:

    • Inflar as bochechas e desinflar.

    • Sorrír sen abrir a boca.

    • Sorrír coa boca aberta.

    • Sorrír emitindo as vogais /i/, /a/.

    • Soster un bolígrafo, lápiz ou palliña co beizo superior.

    • Tirar bicos.

    • Proxectar os beizos hacia a dereita e esquerda.

    • Cos beizos proxectados abrir e pechar (peixe).

    • Facer vibrar os beizos.

    • Abrir e pechar a boca coma si se bostezara.

    • O beizo superior agocha ó inferior.

    • O beizo inferior agocha ó superior.

    • Introducir na boca un botón cun fío e tirar do fío hacia fora, arriba ou abaixo intentando que só traballen os beizos.

    • Introducir un depresor nos dentes e intentar pechar os beizos.

    • Introducir un depresor entre os dentes e intentar tirar bicos.

    • Suxeitar con os beizos cun depresor. Cando este exercicio estea conseguido facelo a modo de pesas.


    • Exercicios de praxias mandibulares:

      • Abrir e pechar a boca rápidamente-lentamente

      • Abrir a boca rápidamente-pechar lentamente.

      • Abrir a boca lentamente-pechar rápidamente.

      • Levar a mandíbula hacia a dereita e esquerda.

      • Levar a mandíbula hacia diante e hacia atrás.

      • Bostezar coa boca aberta e coa boca pechada.

      • Facer coma se masticáramos un chicle.


Exercicios de respiración:

A respiración correcta é fundamental, é a base de la Terapia Miofuncional. Para conseguir unha adecuada respiración diafragmática débese:
• Coller aire polo nariz sen esforzo, levándoo ata o abdomen (diafragma) e percibir que se eleva.
• Débese reter o aire aproximadamente 3 segundos.
• Deixar saír o aire pola boca, suave e lentamente.
A respiración farase en diferentes posicións, acostado, sentado e de pé.

Exercicios de respiración-base:

  • Inspiración nasal suave e corta. Reter o aire. Espiración bucal suave e prolongada.

  • Espiración nasal suave e corta. Reter o aire. Espiración bucal suave e en duas veces.

  • Inspiración nasal en duas veces. Reter o aire. Espiración bucal longa e suave
    Cada exercicio repetilo 3 veces.