domingo, 7 de febrero de 2021

Todas as semana dedicamos un espazo do noso tempo a traballar aspectos relacionados coa estimulación da linguaxe na etapa de Educación Infantil.
Nas últimas sesións estivemos a traballar as rimas con movemento elaboradas por Tamara Chubarovsky:


La Hoguera:



 La Casita:



 El Duende:



Esta semana é a semana do Entroido e polo tanto imos aprender vocabulario específico relacionado có tema destes días. Botádelle unha ollada a este vídeo de Eugenia Romero, que non só traballa o vocabulario se non que tamén aparecen xogos de atención.



E non nos podemos esquecer de que o día 14 de Febreiro celébrase o día de San Valentín. Comparto con vos un corazón que podedes calcar, imprimir ou debuxar e pegarlle  boliñas de papel :

1º ROMPER PAPEL DE PERIÓDICO, PAPEL PINOCHO, PAPELES DE CORES...EN ANACOS PEQUENOS.

2º FACER BOLIÑAS DE PAPEL COS ANACOS.

3º PEGÁDEAS CON PEGAMENTO SOBRE O CORAZÓN.

Deste xeito estaremos a traballar aspectos tales como, a atención, a motricidade fina, a coordinación óculo-manual...

        









                                       










No hay comentarios:

Publicar un comentario