jueves, 18 de febrero de 2021

BYE BYE CHUPETE!

 

                                       

Como é sabido, o chupete é un obxeto relaxante para o neno pola tranquilidade que lle aporta o reflexo  de succión. Considérase que debe retirarse ó redor dos 3 anos e aínda que non debe ser de forma traumática sí debemos ter en conta que pode ocasionar algúns efectos negativos se se prolonga o seu uso:

- Malformacións mandibulares, mala oclusión dental, mordida aberta, deformidades no paladar...

-Infeccións de boca e de oído.

-Retrasos na fala. Ter o chupete na boca pode ocasionar que o neno fale menos e que altere os movementos linguais.



Consellos para a retirada do chupete:

Débese facer cando vexamos que os nen@s ,os pais e nais están preparados.
Debemos explicarlle o que queremos facer e negociar en certo modo, como facelo.
Facerlle entender que xa non lle fai falla , que podemos substituír o chupete por unha mantiña ou un boneco.

Se o neno ou nena é moi pequeno ou pequena para negociar, podemos regalar o chupete aos Reis Magos, ao Ratiño Pérez, á Fada dos Dentes...a alguén ben importante xa que o chupete tamén o é para o el ou ela.

Debemos suplantar esa tranquilidade ou calma que lle da o chupete. Unha dosis extra de mimos durante ese tempo está ben como prevención.

-Non debemos recurrir ao castigo.
-As tetinas con sabor desagradable (vinagre ou limón) dan resultado.
-Pode inventarse a historia de que algún persoaxe leva o chupete a cambio dun agasallo.
-Esquecer o chupete nalgún lugar de vacacións, na rúa, no parque...
- Pinchar a tetina para que non se poda levar a cabo o traballo de succión...



 
                         

                      




 


domingo, 7 de febrero de 2021

Todas as semana dedicamos un espazo do noso tempo a traballar aspectos relacionados coa estimulación da linguaxe na etapa de Educación Infantil.
Nas últimas sesións estivemos a traballar as rimas con movemento elaboradas por Tamara Chubarovsky:


La Hoguera:



 La Casita:



 El Duende:



Esta semana é a semana do Entroido e polo tanto imos aprender vocabulario específico relacionado có tema destes días. Botádelle unha ollada a este vídeo de Eugenia Romero, que non só traballa o vocabulario se non que tamén aparecen xogos de atención.



E non nos podemos esquecer de que o día 14 de Febreiro celébrase o día de San Valentín. Comparto con vos un corazón que podedes calcar, imprimir ou debuxar e pegarlle  boliñas de papel :

1º ROMPER PAPEL DE PERIÓDICO, PAPEL PINOCHO, PAPELES DE CORES...EN ANACOS PEQUENOS.

2º FACER BOLIÑAS DE PAPEL COS ANACOS.

3º PEGÁDEAS CON PEGAMENTO SOBRE O CORAZÓN.

Deste xeito estaremos a traballar aspectos tales como, a atención, a motricidade fina, a coordinación óculo-manual...