Como é sabido, o chupete é un obxeto relaxante para o neno pola tranquilidade que lle aporta o reflexo de succión. Considérase que debe retirarse ó redor dos 3 anos e aínda que non debe ser de forma traumática sí debemos ter en conta que pode ocasionar algúns efectos negativos se se prolonga o seu uso:
- Malformacións mandibulares, mala oclusión dental, mordida aberta, deformidades no paladar...
-Infeccións de boca e de oído.
-Retrasos na fala. Ter o chupete na boca pode ocasionar que o neno fale menos e que altere os movementos linguais.
Consellos para a retirada do chupete:
Débese facer cando vexamos que os nen@s ,os pais e nais están preparados.
Debemos explicarlle o que queremos facer e negociar en certo modo, como facelo.
Facerlle entender que xa non lle fai falla , que podemos substituír o chupete por unha mantiña ou un boneco.
Se o neno ou nena é moi pequeno ou pequena para negociar, podemos regalar o chupete aos Reis Magos, ao Ratiño Pérez, á Fada dos Dentes...a alguén ben importante xa que o chupete tamén o é para o el ou ela.
Debemos suplantar esa tranquilidade ou calma que lle da o chupete. Unha dosis extra de mimos durante ese tempo está ben como prevención.
-Non debemos recurrir ao castigo.
-As tetinas con sabor desagradable (vinagre ou limón) dan resultado.
-Pode inventarse a historia de que algún persoaxe leva o chupete a cambio dun agasallo.
-Esquecer o chupete nalgún lugar de vacacións, na rúa, no parque...
- Pinchar a tetina para que non se poda levar a cabo o traballo de succión...