Neste caderno aparecen ideas para estimular e traballar a lectoescritura na casa.Podedes imprimir as fichas ou outras actividades similares coma as que aquí aparecen.
Que vos parece unha partida coa ruleta semántica? Podédela facer vos na casa. Déixovos un enlace para que a imprimades. Se a plastificades quedará un pouco mellor e será máis resistente. Xogade por turnos.Podedes engadir o xogo de : " un barco sae de Sada cargado de..." e tras xirar a ruleta empezades a dicir o vocabulario relacionado coa imaxe que vos tocou.ÁNIMO E A VER QUEN GANA!
SABEDES QUE SON REALIZAN AS ABELLAS CO SEU ZUMBIDO?
REPETÍDEO VARIAS VECES:
ZZZZZZZZZ ZZZZZZZZ ZZZZZZZZ
Para elaborar correctamente este fonema á hora de espirar, debemos colocar a puntiña da lingua entre os dentes, sen apretar, deixando escapar o aire entre eles.
Para traballar e estimular a atención podemos botar man de moitos xogos, entre eles os puzzles, atopar as parellas, sopas de letras, construccións, buscar diferencias... Nesta páxina de MUNDO PRIMARIA atoparás un montón de xogos cós que a axilizarás. Pásao ben!
Con este xogo, se estamos moi atentos, xogamos coa música, co ritmo e cantamos. É moi divertido e coma este, hai máis vídeos en YOUTUBE.
TRABALLAMOS A MEMORIA
Para estimular a memoria podemos facer actividades tales como:
-Memorizar cancións:🎤
-Repetir palabras:
Os nenos memorizan gracias ás repeticións. Cando dín ou escoitan algo varias veces, apréndenno: Xa sexa o camiño de volta a casa, as regras dun xogo, o uso dos cubertos...
Mira este vídeo de Eugenia Romero 👀
Xoga a repetir as palabras!
-Con xoguetes sonoros:🎧
Os xoguetes sonoros ademáis de ser divertidos, tamén animan aos nenos a memorizar o que escoitan e estimulan para emitir os mesmos sons.
-Esconder obxectos:
Podemos reunir un número de obxectos ( entre 5 e 10) e escondelos pola casa.
Tras un tempo temos que buscalos e atopalos, Lembraredes onde están?
RAZOAMENTO:
A capacidade de razoar e de resolver problemas podemos estimulala con actividades como:
-Ordenar por cores:
Deste xeito os nenos e nenas comezan, a través da vista , a levar a cabo criterios de asociación:
-Xogar ás adiviñas:
Aqui vos deixo unha adiviñas para que practiquedes. Son moi sinxelas, pero tamén podedes xogar a invertar vos unhas. É moi divertido!
Este é un xogo có que poderás practicar a colocación da lingua e a boca para mellorar a pronunciación do fonema /r/ forte. Trátase dun xogo da Oca no que cada casilla presenta un movemento que terás que imitar. Collede dado, fichas e animádevos a xogar!
BOTÁDELLE UNHA OLLADA A ESTES VÍDEOS DE EUGENIA ROMERO
E POR ÚLTIMO PASÁDEO PIPA CANTANDO CÓ MONO SÍLABO:
Xogade a repetir estas listas de palabras có fonema /r/ forte. Lembra que NUNCA escribimos rr dobre ao pricipio da palabra : nunca escribas rrato nin goro.
A linguaxe é o instrumento de comunicación máis importante que posuímos os seres humanos. Polo tanto , é de gran importancia coidar o desenvolvemento que dél, levan a cabo os nosos nenos e nenas, xa que gracias a este, desenvolven o seu pensamento, a súa personalidade e se relacionan co seu entorno, aportando, recibindo e elaborando información.
Neste enlace atoparedes unhas pautas e orientacións para que as teñades en conta na casa á hora de estimular o seu desenvolvemento. Sabede familias, que a vosa labor con eles , é de gran importancia especialmente nos primeiro anos de vida.
En esta páxina poderás atopar un montón de xogos divertidos para traballar coas letras, as emocións, crear frases, aprender vocabulario novo...dun xeito novedoso : PROBA!